Diseño, Copy & SEO Originales

Vacinar aos cans: Si ou non? Por qué? Cando? Cómo?

Hoxe traémosvos un tema básico para os que tedes canciños: ¡as vacinas!

De seguro que terás moitas dúbidas ao respecto, pero para iso fixemos este post, para resolvelas. 

    • ¿Teño que vacinar aos meus cans?

    • ¿É realmente importante vacinar aos meus cans?

    • ¿Cando vacinar? ¿Cómo vacinar?

    • ¿Qué pasaría se non vacino ao meu can?

    • ¿Contra qué enfermidades teño que vacinar ao meu can?

Se para ti, os teus CANS son tan importante que forman parte da túa familia, este artículo interésache, porque vamos a responderte a todas esas preguntas sobre as vacinas 😊 ¡Comenta e comparte se che gustou!

 

 

 

Hai varias enfermidades que están, hoxe en día, case desaparecidas grazas ás vacinas e é moi raro ver casos de moquillo ou de hepatitis vírica canina. 

No post sobre as vaciñas dos gatiños comentábamos que a rabia, en España, está erradicada en animales domésticos. Ainda así, debemos ter coidado cos animais que veñen doutros países.

A Parvovirose

Este virus ten unha gran tasa de mortandade nos primeiros meses de vida do nosos canciño. Segue estando presente e, en ocasións, xenera casos de morte cando se infecta co virus. Na nosa canle de youtube temos un video que fala da parvovirose e que deixamos no seguinte enlace

Cando temos que vacinar aos cans? A primera vacina é contra a parvovirose, ás 7 ou 8 semanas de vida.

A vacina máis importante nos cans é contra la parvovirose. O momento idóneo para poñela é ás 7-8 semanas de vida.

Lembra! Se o animal é un chachorro que non mamou leite da nai hai que acudir antes ao veterinario, entre as semanas 4 e 5 de vida do animal, xa que este non ten defensas e anticorpos herdados da nai. 

No caso da parvovirose, non se vacina antes porque os efectos de la vacina poden danar o corazón cando ainda está en proceso de desenvolvemento. 

Se houbese perigo de contaxio de enfermidades como o moquillo ou os catarros víricos poderíanse vacinar ás 2 ou 3 semanas de vida.

Enfermidades habituais nos cans: hepatite, moquillo e a parvovirose.

Contra a hepatite, o moquillo e a parvovirose é recomendable poñer as vacinas nas semanas 7, 11 y 16 respectivamente.

Por sorte, o moquillo está bastante desaparecido. Temos pasado anos sen ver ningún caso de moquillo na Clínica Veterinario de Poio, pero é unha enfermidade moi contaxiosa e se deixamos de vacinar, rebrotará.

Contra a leptospirosis é mellor vacinar antes das once semanas.

Neste caso, ainda que miras o prospecto da vacuna e di que podes… non é recomedable vacinar a canciños con menos de 2 meses e medio de vida, porque a probabilidade de ter reaccións inadecuadas é moito maior. Ademáis, é capaz de interferir co efecto das outras vacinas.

A parvovirose ten que poñerse antes para que o canciño saia á rúa, por iso é interesante que sexa a primeira. No caso da leptospirosis habería que esperar ata que teña a suficiente idade para porlles a vacina. 

Razas de cans especialmente sensibles á parvovirose

Segundo a raza do can podemos ter problemas de sensibilidade individual e tamén un efecto “despotenciador” dalgunhas vacinas sobre a inmunización doutras.

Os Doberman, os American Staffordshire Terrier, os Rottweiler ou os Pastores Alemáns son as razas máis susceptibles contra a parvovirose e cóstalles máis superar a enfermidade.

Calendario vacinal para cans e cadelas

Cuando vacinamos ao nos can tampouco o facemos cun calendario na man. De igual maneira cos gatiños, o que se fai é vacinar segundo a raza, a idade e outros factores.  

É dicir, os calendarios tamén son personalizados para cada canciño.

Por último, hai que mencionar que dependemos das condición de risco e o estado de saúde do animal para proceder coas vacinas. Se o teu cachorro ten febre, o efecto daa inmunidade xa non é o mesmo e sería mellor esperar a que se lle pase a febre. 

Consulta sempre co teu veterinario de confianza as condicións de risco.