Preguntas y Respuestas Frecuentes Veterinario de Poio

Preguntas y Respuestas Frecuentes (FAQ)

Despliega cada pregunta para resolver tus dudas y pregúntanos lo que quieras

Estas son as preguntas e respuestas frecuentes (FAQ) que máis nos fan os nosos clientes

Se tes calquer dúbida sobre a saúde da túa mascota, podes enviarnos un correo e estaremos encantados de axudarte
Deixámosche a continuación 30 preguntas coas súas respostas que cremos que te axudarán 😉

Existen parasitos que poden causar molestias e enfermidades, incluso ás persoas que conviven con eles.

Si, de esta maneira evitas que chegue a contaxiarse dalgunha das enfermidades máis graves e/ou comúns. Ademáis, nalgunhas ocasións as enfermidade non teñen cura.

Porque hai trastornos que poden afectar ao benestar ou acortar a vida das túas mascotas, e nós podémolas detectar ao facer as revisións.

Moitas alteraciones son previsibles e debemos comprobar a súa posible presenza.

SÍ, por exemplo, debemos evitar que nos contaxie parasitos perigosos como as toxocaras ou algúns tipos de tenias.

Os seus carrachos tamén nos poden transmitir enfermidades como a doenza de Lyme, entre outras.

Tamén debemos ter precaución co risco que supón a rabia, que o 99% das veces é mortal.

Desparasitando e vacinando correctamente aos teus cachorros e gatiños, neutralizamos a maior parte dos riscos. 

SÍ, o máis relevante é un protozoo parasito chamado toxoplasma que pode causar alteracións aos fetos. Por iso, as mulleres embarazadas deben tomar precaucións. 

Tamén pode haber riscos de contaxio de parasitos como os dipilidios, mais en xeral, os riscos son menores nos casos dos cans. 

Ademáis de deseñar unha estratexia para conseguer que os gatos aprendan a convivir en harmonía, antes de xuntalos, debemos levalos ao Veterinario para comprobar se algún deles é portador dalgunha enfermidade perigosa para o outro, sobre todo leucemia e inmunodeficiencia.

Non é prudente levalo a lugares que poidan estar contaminados polo virus da parvovirose

Polo tanto, non deben ir a lugares aos que poidan acceder outros cans. A nosa recomentación é que deben estar vacinados previamente. 

É interesante o proceso de educar aos nosos cans. Conseguir que veña cando chamas por el e que non tire de ti cando saídes a pasear. Fai que a experiencia de telo sexa moito mellor. Como mínimo, temos que conseguir que non adquiran hábitos que non nos gustan. Lembra que os educadores caninos están para aaxudarnnos e, non te preocupes, nós podemos recomendarche algún, so tes que preguntarnos.

Así é. Os gatos tamén se poden educar, mais de maneira diferente aos cans. Non é unha educación como tal.

Hai que conseguir que asocien un bo comportamento cunha experiencia positiva, poderás guialos en moitas cousas.

Lembra! O que non se pode facer, sistemáticamente, é castigalos de forma que se sintan maltratados ou xamáis lograrás os obxetivos deseados. 

Existen centros hospitalarios abertos 24 horas aos cales podes acudir sen ser cliente. Se non os atopas en Pontevedra, podes buscar noutras provincias.

Para urxencias que non necesiten hospitalización, temos un servizo de garda localizada compartido con outros 3 centros.

No caso das cadelas, se non temos previsto dedicarnos á cría, recoméndase a esterilización polo elevado risco de tumores (50% de probabilidades) ou de dores uterinos, ademáis de para anular o nacemento de camadas non desexadas.

No caso dos cans a recomendación é personalizada en función, principalmente, das singularidades do comportamento de cada can.

Se teñen acceso ao exterior, a resposta é sempre SI. No caso de ser gatos de interior, se o seu comportamento relacionado coa reproducción supón unha fonte de problemas (maiaña moito, marcaxes, rabuñazos, xogos agresivos, etc) será moi recomendábel. No caso dos machos pode ser preferíbel non facelo, para evitar problemas, como a tendencia ao sobrepeso.

Os cans e cadelas requiren dunha rutina de hixiene oral e hai moitas maneiras de facelo. 

Se xa non é posibel mantela ben cunha hixiene bucal, será recomendábel facer unha revisión e previsiblemente, una limpeza dental.

No caso dos gatos tamén é recomendábel facer unha rutina de hixiene, pero cando a boca non está ben, debemos comprobar que non teña dores típicos da boca gatuna, coma a gingivoestomatitis ou o calicivirus.

Conforme un estudo da Real Sociedade Canina Española (do 2019), una media de 1250€ por ano para un can, dos cales uns 300€ son a previsión para gastos veterinarios. Isto non é una cifra exacta, é bastante variable segundo a raza e tamaño do animal, porque o principal gasto é a alimentación.

No caso dos gatos, o coste anual é bastante menor e se estimaba nuns 300€ en 2019. Na actualidade, cálculos máis modernos e realistas elevan a cifra a 500€.

É un programa que inclúe unha serie de servizos para coidar a saúde dos teus animaliños. 

Inclúe vacinacións, desparasitacións, probas diagnósticas e descontos en produtos ou servizos, como a alimentación, a merca de complementos e, en algúns casos, implica beneficiarse de prezos reducidos nas consultas ou mesmo telas a coste cero. 

Preme no enlace para coñecer os plans de saúde TeuVet.

Un seguro protexe dos imprevistos, por exemplo: un accidente; e un Plan de Saúde protexe aos teus animais coa medicina preventiva, completa e útil, para evitar riscos que poidan atoparse na vida do teu peludo.

Se a túa preocupación é que poida pasar algo moi grave e que non sexas capaz de facer fronte aos gastos económicos, a resposta é SI.

Se queres que teñan a mellor calidade de vida durante o máximo tempo posibel, a resposta é SI 😉

Podes chamar ao número de teléfono da nosa clínica e preguntar polos plans de saúde ou enviarnos a túa petición a través do noso correo electrónico vir ao centro Veterinario de Poio para falar en persoa sobre o teu caso concreto e firmar o contrato, realizando o pago no mesmo momento.

Hai distintos tipos de dietas, comerciais e caseiras, que poden ser adecuadas para o teu peludo.

En cualquer caso, debemos partir de coñecer as necesidades nutricionais que temos que satisfacerlle, sendo recomendábel deixarse aconsellar por un profesional, xa sexa nunha clínica veterinaria ou nunha tenda especializada.

É imprescindible que o animal asocie a visita ao veterinario cunha experiencia positiva e agradábel. 

O equipo veterinario podo darche algunhas recomendacións de cómo proceder en cada caso. 

Se ainda así non conseguimos o obxetivo, existen medicamentos que reducen a sensación de medo e pódense usar para que non o pasen mal. 

No equipo da clínica Veterinario de Poio temos protocolizado realizar o manexo dos animais conforme os principios «low stress handling« aconsellados pola reputada especialista Sophia Ying.

Ademáis, temos consultas e accesos diferentes para cans e gatos. 

Lembra! Veterinario de Poio traballa con cita previa.

Se alguén acude sen cita intentamos atopar un oco, mais non podemos garantizar un tempo de espera moderado, agás cando se trate dunha emerxencia.

O prezo da consulta con cita previa está bonificado, de maneira que, axendar una cita, permíteche evitar esperas e aforrar cartos 😉

Os donos sempre poderán entrar á consulta cos seus animais en Veterinario de Poio. O que facemos non é ningún segredo e eles van a sentirse máis seguros e tranquilos.

Mentres están ingresados é posible visitalos en momentos acordados, mais non é posible permanecer no quirófano durante as operacións.

Os nosos principais servizos son as consultas de medicina preventiva e por enfermidade: as vacinacións, desparasitacións, identificacións e un extenso catálogo de probas analíticas.

Tamén realizamos radiografías, ecografías abdominais, electrocardiografías e outras probas. 

Ademáis, practicamos unha longa variedade de cirurxías de texidos brandos.

Os equipos para as analíticas de sangue son de alta gama e teñen todos menos de 10 anos. O ecógrafo tamén o cambiamos recentemente. 

O equipo de radioloxía está dixitalizado para que a calidade da imaxen corresponda cos estándares actuais.

Temos un moderno microscopio Olympus e o equipamiento para anestesia é da recoñecida marca B. Braun.

En xeral, son equipos que teñen prestacións adecuadas e actuais para practicar a medicina veterinaria. 

Cans, cadelas 🐕, gatos e gatas 🐈 son a nosa especialidade

E a un nivel máis básico: coellos e furóns.

Por suposto, o mercado é libre e vós tamén sodes quen de elexir o veterinario que máis os guste. 

Podes pagar en efectivo, con tarxeta ou por transferencia bancaria.

Existe tamén a posibilidade de aprazar os pagos por medio do sistema Frakmenta.