Clínica Veterinario de Poio

clinica-veterinaria-de-poio-antiguo-local

VETERINARIO DE POIO

Coñece a nosa historia

Estamos contigo dende 1995

Guillermo Campos fundou este centro veterinario nun modesto local dende o cal facía principalmente atención domiciliaria. En 2001 trasladouse ao enderezo actual, Avenida Porteliña 27; aquí evolucionou de consultorio a unha clínica veterinaria ben equipada.

Durante estes anos o modelo de atención mudou. Na etapa actual, o equipo de Veterinario de Poio centra o seu esforzo na medicina de proximidade de alta calidade. Particular énfase na prevención e na xestión do benestar, con especial atención á etapa xeriátrica.

Lembra, queremos coidar dos teus peludiños contigo 💙

E se pasa algo fora do noso horario?

Atención de emerxencias

Formamos parte dun grupo de 4 centros veterinarios que atendemos as emerxencias diurnas dos clientes propios que non precisen un centro hospitalario.

Existen centros especializados na atención 24h aos cales dirixirse en caso de urxencias moi graves ou de madrugada.

O centro hospitalario máis cercano é o Hospital Veterinario Beade

original-veterinario-clinico-oscultando
Reproducir vídeo

Equipo de Veterinario de Poio

Somos

venir-a-conocernos-guillermo-campos

Guillermo Campos

Veterinario

De L – V: 9h – 16.30h

venir-a-conocernos-zaida-gigan

Zaida Penedo

Auxiliar veterinaria

De L – V: 9h – 17h

Luis y aisha

Luis Novoa

veterinario

De L – V: 15h – 20h

Cans e gatos prefiren cousas diferentes

En Veterinario de Poio teñen entradas, áreas de espera e consultas diferenciadas

clinica-veterinaria-de-poio-entrada-para-perros

ENTRADA PARA CANS

clinica-veterinaria-de-poio-entrada-para-gatos

ENTRADA PARA GATOS

Coñece as nosas instalacións

Renovada en 2023

Deseño interior amigable para os animais

No 2023 adoptamos a imaxe corporativa actual e implementamos unha seria de melloras funcionais: 

  • A distribución permite diferenciar áreas para cans e para gatos.
  • O deseño interior é máis amigable para os animais por iso, tanto o piso como as paredes, teñen tonos suaves e mate.
  • A iluminación non é excesiva e o piso é antiescorregante. 
  • Ademáis, as superficies das zonas clínicas son lisas, libres de obstáculos e fáciles de limpar y desinfectar.

Explora o interior da clínica veterinaria