Veterinario de Poio é unha sociedade de responsabilidade limitada da cal é socio maioritario Guillermo Ernesto Campos Fraguas e socia minoritaria Zaida Penedo Gigán.
Veterinario de Poio é unha empresa de servizos con CIF B94117793 que realiza principalmente atención sanitaria xeneralista a animais de compañía, principalmente cans e gatos.
Veterinario de Poio resérvase o dereito de admisión.
A CONSULTA é o acto clínico realizado por parte dun facultativo veterinario a un animal por un problema de saúde, efectivo (medicina paliativa) ou potencial (medicina preventiva). Consta:
- Dunha batería de preguntas por medio da cal se investigan as circunstancias relativas ao problema (anamnese)
- Dunha exploración física
- Dunha exposición ao responsable do animal dos posibles diagnósticos e das probas que serían eventualmente pertinentes para chegar a un diagnóstico definitivo.
- Tamén inclúe a eventual prescripción e cesión dos medicamentos indicados.
A TELECONSULTA é a atención non presencial realizada por parte dun facultativo veterinario por un problema de saúde efectivo ou potencial.
Inclúe:
- A realización da anamnese
- A revisión de historiais e probas clínicas
- A exposición de posibles diagnósticos e das probas que serían eventualmente pertinentes para chegar a un diagnóstico definitivo.
Non inclúe:
- Exploración física
- Prescripción de medicamentos de prescripción obrigatoria.
A REVISIÓN é o acto clínico realizado por parte dun facultativo veterinario a un animal por un problema de saúde que xa foi obxecto de consulta recente, cirurxia ou outro procedemento clínico no mesmo centro, sendo por tanto continuación dunha atención previa.
A CONSULTA DE ENFERMERÍA é a atención presencial realizada por parte dun auxiliar ou un facultativo veterinario que non comporta un acto veterinario, tales como:
- Curas e procedementos equivalentes
- Administración de medicacións e procedementos equivalentes
- Seguimento da condición corporal en animais con dietas terapéuticas.
A VACINACIÓN é o acto clínico realizado por parte dun facultativo veterinario a un animal co obxecto de facer unha pauta de inmunización. Inclúe unha batería de preguntas acerca das condicións de vida do animal, un chequeo físico, a administración da vacina e as recomendacións pertinentes de medicina preventiva, incluíndo o propio calendario vacinal.
A PRESCRIPCIÓN é a emisión dunha receita veterinaria válida para poderse efectuar a dispensación ou cesión de medicamentos. É obrigatorio que esté relacionada cun acto clínico, coas excepcións dos tratamentos crónicos e das desparasitacións.
A DESPARASITACIÓN é a atención veterinaria realizada por parte dun facultativo ou dun auxiliar veterinario por medio da cal se lle administra un tratamento antiparasitario. Inclúe a avaliación das circunstancias de risco parasitario e a recomendación dun protocolo de desparasitación.
A IDENTIFICACIÓN é o procedemento por medio do cal se implanta un transponder homologado (chip) e se rexistra na base de datos destinada ao efecto.
Un PLAN DE SAÚDE é un contrato temporal por medio do cal se prestan servizos veterinarios de xeito programado ou conforme ás condicións estipuladas polo contrato. O plan de saúde TEUVET de Veterinario de Poio está ideado para tirar o máximo partido do control do benestar e a medicina preventiva co fin de evitar sofrementos innecesarios e para o de racionalizar e facer máis predecibles os gastos veterinarios dos responsables de animais de compañía.
As TARIFAS DE HONORARIOS de Veterinario de Poio están regularmente expostas na recepción do local. Calquera persoa pode preguntar por calquera das vías de comunicación dispoñibles para saber un un prezo ou pedir un PRESUPOSTO.
- A validade dos presupostos é de 6 meses.
Modo de servizo
- O horario de atención ao público de Veterinario de Poio é o publicado na web www.veterinariodepoio.com para os días laborables.
- En caso de emerxencia veterinaria fóra deste horario existe un servizo de día privativo para clientes partillado con outros tres centros ao cal se pode acceder chamando de xeito convencional ao teléfono 608 68 44 64.
- A dispoñibilidade para poder obter un servizo conséguese por medio da CITA PREVIA. A cita previa pode solicitarse a Veterinrio de Poio por vía telefónica no 986 87 18 25. Alternativamente, pode solicitarse por WhatsApp no 608 68 44 64 ou no enderezo electrónico info@veterinariodepoio.com
- Os servizos realizados con cita previa teñen prezos bonificados.
- En caso de presentarse sen cita previa Veterinario de Poio non garante que o servizo poida ser prestado de xeito inmediato.
- En caso presentarse sen cita previa e de tratarse dunha emerxencia médica o servizo será prestado de xeito inmediato e facturado conforme a tarifa prevista para as urxencias.
- Veterinario de Poio está accesible durante o seu horario comercial por WhatsApp no número de teléfono 608 68 44 64.
- É posible por esta vía pedir información xenérica sobre os servizos, inclusive presupostos, axendar citas e realizar o seguemento básico das consultas presenciais realizadas, entendido como a confirmación de que todo segue conforme o previsto.
- Cando unha comunicación por WhatsApp comporte novas opinións ou decisións clínicas pasará a ter a consideración de consulta e ben será derivada á atención presencial ben será tarifada en consecuencia.
- O anterior criterio é extensivo a chamadas telefónicas, correos electrónicos, consultas en recepción ou calquera outro medio de contacto.
Veterinario de Poio resérvase o dereito de admisión.
Condicións de pago
- A persoa que nos solicite un servizo faise acredora de satifacer os seus honorarios.
- Os servizos realizados por Veterinario de Poio son facturados unha vez executado cada servizo, incluíndo os honorarios polos servizos e subministros ou cesións realizados, coa excepción da teleconsulta, que se paga por adiantado.
- Os medios de pago aceptados son o efectivo en euros, a transferencia bancaria e as tarxectas de crédito ou débito de uso común.
- Veterinario de Poio non financia o pago do monto das facturas emitidas. En caso de que de xeito excepcional quede algún importe pendente de pago realizarase un documento de recoñecemento de débeda que asinarán ambas partes. En caso de incumplirse os pagos conforme o asinado nese documento, Veterinario de Poio resérvase o dereito de exercer unha acción monitoria.
Uso dos datos
Divulgación e comunicación aos clientes
Veterinario de Poio recaba os datos necesarios para poder realizar a facturación dos seus servizos, xestionar a ficha clínica dos pacentes e emitir as prescripcións.
Estes datos non serán cedidos a terceiros salvo por orde das autoridades ou imperativo legal.
Os datos de clientes e pacentes poderán ser usados para realizar comunicacións acerca de citas programadas e para a divulgación de contidos de interese para o benestar dos animais.
Veterinario de Poio ou os seus veterinarios e auxiliares divulgan contidos de interese xeral que poden ser partillados os clientes e que se publican en YouTube (canle Veterinario de Familia) e en distintas redes sociais.
O cliente pode comunicar a súa oposición á recepción de comunicacións no correo electrónico info@veterinariodepoio.com
Estes datos non se empregan para a divulgación de publicidade.
Limitación de responsabilidades
- Os servizos non presenciais e os contidos divulgativos comportan o manexo de información xenérica que pode non ser de completa aplicación en tódolos casos singulares.
- Veterinario de Poio declina a responsabilidade acerca de decisións de relevancia tomadas en base a contidos divulgativos realizados polo centro ou polos seus veterinarios ou derivados de actuacións non presenciais.
Política de contratacións
- Os contratos efectuados por Veterinario de Poio están ao abeiro do estipulado no Convenio Colectivo en vigor para os Centros Sanitarios Veterinarios.
- Con independencia, a empresa segue unhas rutinas de conduta éticas tanto dentro das súas relacións internas coma externas.
- As persoas interesadas en formar parte do equipo de Veterinario de Poio poden remitir o Curriculum Vitae a info@veterinariodepoio.com ou ben solicitar unha entrevista persoal.
Resolución de litixios
- Hai follas de reclamacións dispoñibles para os clientes.
- A empresa aceptaría sempre no seu caso tanto a mediación das OMIC ou organismos semellantes, coma da comisión deontolóxica do Colexio Oficial de Veterinarios.