TEUVET

Como centro sanitario veterinario non podemos garantir que os teus compañeiros peludos non vaian ter nunca problemas de saúde, pero sí podemos organizalo todo para, colaborando entre donos e Veterinario de Poio, controlar o mellor posible os riscos; por iso che propoñemos TeuVet.

 

TeuVet é unha subscripción por un ano que inclúe todo o necesario para facer a medicina preventiva que precisa o teu mellor amigo de catro patas.

 

Se pese a todo un animaliño TeuVet enferma, as consultas e revisións que lle fagamos, están incluídas. Gratuitas ilimitadas.

E no caso de precisarse fluidoterapia, curas, analíticas ou probas que realicemos en Veterinario de Poio, terían un importante desconto. 

 

Se verdadeiramente nos propoñemos facer as cousas así de ben, opta polo plan de saúde TeuVet e obterás un aforro medio de máis do 30%.