Servizos


Consultas de Medicina

PREVENTIVA E PALIATIVA

O noso equipo facultativo dispón un amplo equipamento para poder realizar de maneira operativa as consultas, entre o que destacamos:

  • Raios X con revelado dixital
  • Ecógrafo
  • Equipamento para realizar analíticas, inclusive bioquímica sanguínea e hematoloxía.
  • Electrocardiógrafo

Cirurxía

Veterinario de Poio realiza unha ampla gama de intervencións cirúrxicas, para a realización das cales contamos cun equipamento no cal non faltan:

  • Equipo de anestesia por gases dotado de respirador automático
  • Equipo de monitorización anestésica multiparamétrico
  • Electrobisturí

Limpezas Dentais

 

Prestamos especial atención ao coidado dental. Para a realización das limpezas contamos con equipo de ultrasóns e pulidor.


Recordatorios

 

Envío gratuíto de SMS para lembrar cando se debe revisar, desparasitar ou vacinar cada animal. Sobre pedido, pode realizarse por outros medios.


EMERXENCIAS

 

Veterinario de Poio participa nunha quenda con outras clínicas da zona para atender consultas urxentes fóra de horario comercial. No teléfono 608 68 44 64 poderá localizar a clínica veterinaria dispoñible.


Cita Previa

 

¡Clave para poder prestar unha atención excelente!

Solicitando cita previa realizamos un 11% de desconto en consultas, vacinacións e identificacións por microchip.

No caso de acudir sen cita, salvo emerxencia vital, préstanse as atencións respetando a preferencia das citas previas.


Visitas a Domicilio

 

Desprazámonos ata 10 km para prestar atencións que sexa viable realizar na casa, tales como vacinacións. Este modo de servizo está suxeito a dispoñibilidade e debe solicitarse cun mínimo de 1 día de anticipación.