Quén Somos

GUILLERMO CAMPOS

Veterinario

 

"A miña profesión é veterinario clínico, e posiblemente sexa ao que me dedique toda a vida. Tanto axudar a coidar e curar son accións tan boas e poderosas, que me enchen tanto, que non se me ocorre outra cousa mellor á cal dedicar o meu esforzo e o meu talento.

Veterinario de Poio quere ser o centro sanitario veterinario que está ahí, a prestar este tipo de atención que esperas para os canciños e gatiños que son algo máis que animais, que á súa maneira son parte da túa familia.

Unha atención profesional e ao tempo cercana, persoa a persoa, onde poñemos un especial énfase na medicina preventiva. Porque para min, curalos é gratificante, pero conseguir que teñan unha vida máis sana e feliz aínda me reconforta máis!"